martes, 27 de abril de 2010
Os virus.
1- Cales son os síntomas de que un ordenador foi atacado?
Lentitud non habitual, imposibilidade de abrir ou pechar ficheiros e desaparición dos mesmos, aparición na pantalla de avisos ou mensaxes inesperados,
diminución do espazo do disco e impedimento de traballar cos mesmos, o sistema operativo mostra mensaxes de erro, bloquéase o ordenador, o ordenador
apagase repentinamente...
2- Explica coas tuas propias palabras os seguintes termos que resumen os ataques que pode sufir un ordenador:
Malware: O seu obxectivo é infiltrarse no sistema e danar o ordeandor sen o coñecento do seu dono. Dentro deste encóntanse os toyanos e os spyware...
Virus: Son programas que se copian automaticamente e que teñen por obxectivo alterar o normal funcionamento de sistema.
Troyano: É un sofware maliciose que se executa de maneira oculta no sistema e permite o acceso remoto dun usuario non autorizado ao sistema. Os troyanos non propagan a infección
por si mesmos a outros sistemas se non que necesitan a intervención dun individuo para realizar ese propósito.
Gusano: É un tipo de malware que se duplica a si mesmo e non precisa alterar os arquivos. Utilizan as partes dun sistema operativo que xeralmente son invisibles para un usuario.
Causan problemas na rede como por exemplo consumindo o ancho de banda.
Spyware: É un sofware que recolle información e que a transmite a unha entidade externa sen o consentimento e coñecemento do propietario. Autoinstálase no sistema afectado e
se executa cada vez que se pon en marcha o ordenador.
Cokies: Son ficheiros de texto que se crean ao visitar unha páxina web e serven para almacenar información pero non afectan a privacidade. Algunhas páxinas web utilizan a
información recollida nas cokies para recopilar información do usuario
Adware: É calquer programa que se executa automaticamente ou baixa publicidade web ao ordenador.
Hijackers: Fai referencia a toda técnica ilegal que leva consigo adueñarse ou robar algo por parte dun atacante. Podemos atopar hijackers de conexións de red, servicios ou modems...
Hackers: É un termo que se utiliza para referirse a un experto en varios campos relacionados coa computación e as telecomunicacións: programación, redes de comunicacións, sistemas operativos,
hardware de rede/voz, etc. O seu coñecemento adoita estar centrado nos sistemas informáticos, xa sexa de tipo hardware ou software.
Incorrectamente, úsase en ocasións o termo hacker para facer referencia a delincuentes informáticos. Estes delincuentes son en realidade os chamados crackers.
Spam: É un envio repetido de correo electrónico en gran cantidade, supón un desperdicio de recursos técnicos e de tempo.
Hoaxes: Son mensaxes de correo electrónico enganoso e que se distribuen en cadea. Algúns conteñen textos alarmantes como catástrofes que poden suceder se
non continuas a cedea.
Phishing: É unha técnica de captación de datos persoais a través de correos electrónicos e páxinas web que imitan a apariencia dunha entidade bancaria ou financieira.
utiliza o correo electrónico para poñerse en contacto cos usuarios, utilizando mensaxes que imitan, case á perfección, o formato, linguaxe e a imaxe das entidades
bancarias/financeiras, e que sempre inclúen unha petición final en solicítaa aos usuarios a "confirmación" de determinados datos persoais alegando distintos motivos:
problemas técnicos, cambio de política de seguridade, posible fraude etc...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario