martes, 27 de abril de 2010
Os virus.
1- Cales son os síntomas de que un ordenador foi atacado?
Lentitud non habitual, imposibilidade de abrir ou pechar ficheiros e desaparición dos mesmos, aparición na pantalla de avisos ou mensaxes inesperados,
diminución do espazo do disco e impedimento de traballar cos mesmos, o sistema operativo mostra mensaxes de erro, bloquéase o ordenador, o ordenador
apagase repentinamente...
2- Explica coas tuas propias palabras os seguintes termos que resumen os ataques que pode sufir un ordenador:
Malware: O seu obxectivo é infiltrarse no sistema e danar o ordeandor sen o coñecento do seu dono. Dentro deste encóntanse os toyanos e os spyware...
Virus: Son programas que se copian automaticamente e que teñen por obxectivo alterar o normal funcionamento de sistema.
Troyano: É un sofware maliciose que se executa de maneira oculta no sistema e permite o acceso remoto dun usuario non autorizado ao sistema. Os troyanos non propagan a infección
por si mesmos a outros sistemas se non que necesitan a intervención dun individuo para realizar ese propósito.
Gusano: É un tipo de malware que se duplica a si mesmo e non precisa alterar os arquivos. Utilizan as partes dun sistema operativo que xeralmente son invisibles para un usuario.
Causan problemas na rede como por exemplo consumindo o ancho de banda.
Spyware: É un sofware que recolle información e que a transmite a unha entidade externa sen o consentimento e coñecemento do propietario. Autoinstálase no sistema afectado e
se executa cada vez que se pon en marcha o ordenador.
Cokies: Son ficheiros de texto que se crean ao visitar unha páxina web e serven para almacenar información pero non afectan a privacidade. Algunhas páxinas web utilizan a
información recollida nas cokies para recopilar información do usuario
Adware: É calquer programa que se executa automaticamente ou baixa publicidade web ao ordenador.
Hijackers: Fai referencia a toda técnica ilegal que leva consigo adueñarse ou robar algo por parte dun atacante. Podemos atopar hijackers de conexións de red, servicios ou modems...
Hackers: É un termo que se utiliza para referirse a un experto en varios campos relacionados coa computación e as telecomunicacións: programación, redes de comunicacións, sistemas operativos,
hardware de rede/voz, etc. O seu coñecemento adoita estar centrado nos sistemas informáticos, xa sexa de tipo hardware ou software.
Incorrectamente, úsase en ocasións o termo hacker para facer referencia a delincuentes informáticos. Estes delincuentes son en realidade os chamados crackers.
Spam: É un envio repetido de correo electrónico en gran cantidade, supón un desperdicio de recursos técnicos e de tempo.
Hoaxes: Son mensaxes de correo electrónico enganoso e que se distribuen en cadea. Algúns conteñen textos alarmantes como catástrofes que poden suceder se
non continuas a cedea.
Phishing: É unha técnica de captación de datos persoais a través de correos electrónicos e páxinas web que imitan a apariencia dunha entidade bancaria ou financieira.
utiliza o correo electrónico para poñerse en contacto cos usuarios, utilizando mensaxes que imitan, case á perfección, o formato, linguaxe e a imaxe das entidades
bancarias/financeiras, e que sempre inclúen unha petición final en solicítaa aos usuarios a "confirmación" de determinados datos persoais alegando distintos motivos:
problemas técnicos, cambio de política de seguridade, posible fraude etc...
lunes, 26 de abril de 2010
OS EIDOS - Uxío Novoneyra
OS EIDOS
Cousos do lobo!
Caborcos do xabarín!
Eidos solos
Onde ninguén foi nin ha de ir!
O lobo! Os ollos o lombo do lobo!
Baixa o lobo polo ollo do bosco
Movendo nas flairas dos teixos
Ruxindo na folla dos carreiros
En busca da vagoada máis sola e máis medosa...
Rastrexa
Párase e venta
Finca a pouta ergue a testa e oula cara o ceo
Con toda a sombra da noite na boca.
Uxío Novoneyra
Etiquetas:
concurso,
gimp,
imaxe,
lobos,
Uxío Novoneyra
martes, 13 de abril de 2010
jueves, 11 de marzo de 2010
jueves, 4 de febrero de 2010
lunes, 11 de enero de 2010
Streaming
1.Vai a paxina www.cervantesvirtual.com/fonoteca. Busca o audio "Los ojos verdes" de Gustavo Adolfo Bécquer
2.Contesta as seguintes preguntas no teu blog:
a) Qué significa a palabra streaming?
A tecnoloxía de streaming utilizase para alixeirar a descarga e a execución de audio e video na web, xa que permite escoitar e visualizar os archivos mentres se están descargando.
Se non utilizamos streaming, para mostrar un contido multimedia na Rede, temos que descargar primeiro o archivo enteiro no noso ordenador e máis tarde executalo, para finalmente ver e oir o que o archivo contiña. Sen embargo, o streaming permite que esta tarea se realice dunha maneira máis rápida e que podamos ver e escoitar o seu contido durante a descarga.
El streaming funciona da seguinte maneira. Primeiro o noso ordenador (o cliente) conecta co servidor e éste empezalle a mandar o ficcheiro. O cliente comenza a recibir o ficheiro e constrúe un buffer a recibir o ficheiro e construe un búffer donde comeza a gardar a información. Cando de enche o búffer cunha pequena parte do arquivo, o cliente empézao a mostrar e a vez continúa coa descarga. O sistema está sincronizado para que o arquivo se poida ver mentres que o arquivo se descarga, de maneira que cando o aquivo acaba de descargarse o ficheiro tamén acabou de visualizarse. Se nanlgún momento a conexión sufre descensos de velocidade utilizase a información que hay no búffer, de maneira que se pode aguantar un pouco ese descenso. Se a comunicación se corta demasiado tempo, o búffer vacíase e a execución do arquivo tamén se cortaría ata que se restaurase o sinal.
b) Qué famoso sitio se basea no streaming para ver videos?
-Youtube.
-Real Player.
-Windows Media Player.
-etc.
-Real Player.
-Windows Media Player.
-etc.
c) Escribe 5 vantaxes e 5 desvantaxes do streaming.
Vantaxes:
- Pódese ver un arquivo sen necesisdade de descargalo.
- Pódese ver un arquivo mentres se descarga.
- Posibilidade de crear información publicamente.
- Posibilidade de compartir arquivos na rede.
- Aforro de espacio no disco duro.
Desvantaxes:
- Necesidade dun ancho de banda superior a 28,8 Kbps.
- Non ten formatos universais fixados.
- O sofware servidor e o cliente teñen que ter a mesma natureza para ter boa calidade.
-
Vantaxes:
- Pódese ver un arquivo sen necesisdade de descargalo.
- Pódese ver un arquivo mentres se descarga.
- Posibilidade de crear información publicamente.
- Posibilidade de compartir arquivos na rede.
- Aforro de espacio no disco duro.
Desvantaxes:
- Necesidade dun ancho de banda superior a 28,8 Kbps.
- Non ten formatos universais fixados.
- O sofware servidor e o cliente teñen que ter a mesma natureza para ter boa calidade.
-
Suscribirse a:
Entradas (Atom)